Alumnos do Centro de Formación e Experimentación Agraria de Sergude visitan o Centro de Coordinación Central de Defensa contra os Lumes

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2025

O Centro de Coordinación Central (CCC) de Defensa contra os Incendios Forestais, situado en Santiago de Compostela, recibiu esta mañá a visita de preto dunha vintena de estudantes do ciclo medio de Aproveitamento e Conservación do Medio Natural do Centro de Formación e Experimentación Agraria de Sergude, que depende da Consellería do Medio Rural. O alumnado estivo acompañado polo director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, nesta visita.

Durante o seu percorrido polas instalacións do centro, Manuel Rodríguez explicoulles que o CCC é o eixo central da estrutura organizativa da loita contra os lumes na comunidade. Esta rede autonómica está conformada por tres niveis nos que tamén se inclúen os Centros de Coordinación Provinciais e os Centro de Coordinación de Distrito. O alumnado tamén puido coñecer as diferentes aplicacións informáticas que se empregan nas tarefas de loita contra os lumes.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 24/02/2025