A Xunta destaca que as dúas casas do maior de Baralla ofrecen un servizo gratuíto de atención a unha decena de maiores deste municipio
Antón Acevedo sinala que estes novos recursos darán servizo a unha decena de veciños da contorna
Galicia conta con máis de 140 casas do maior en funcionamento situadas nos concellos máis rurais
Baralla (Lugo), 27 de febreiro de 2025
O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, acompañado do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e do alcalde de Baralla, Miguel González, visitou as dúas casas do maior deste concello ofrecen un servizo gratuíto a unha decena de maiores deste municipio.
Antón Acevedo sinalou que estes recursos ofrecen un servizo fundamental para garantir a mellor atención e coidado aos maiores das zonas máis despoboadas e lembrou que forma parte da aposta da Xunta de Galicia para posibilitar o envellecemento activo e o benestar das persoas da terceira idade.
Así mesmo, sinalou que estes servizos públicos e gratuítos son importantes tamén para garantir a conciliación nos concellos máis rurais onde ademais non hai outros recursos destas características. Ao respecto, indicou que nestes momentos en Galicia hai máis de 140 casas do maior en funcionamento.