Belén do Campo entregou un camión motobomba cedido pola Consellería de Medio Rural a Oroso para labores de limpeza, emerxencias e extinción de incendios

A representante do Goberno autonómico destacou o compromiso do Goberno galego por seguir mellorando e ampliando a dotación dos medios de extinción de incendios dos concellos

Oroso (A Coruña), 28 de febreiro de 2025.

A delegada da Xunta, Belén do Campo, acompañada polo alcalde de Oroso, Alex Doval,  entregou hoxe un camión motobomba cedido pola Consellería de Medio Rural para labores de limpeza, prevención e extinción de incendios neste municipio. Este vehículo permitirá dar unha mellor resposta ante as emerxencias e contribuirá á conservación do entorno.

A representante do Goberno autonómico destacou o compromiso do Goberno galego por seguir mellorando e ampliando a dotación dos medios de extinción de incendios dos concellos co fin último de potenciar o servizo de protección que se lle brinda a toda a poboación galega. Belén do Campo tamén agradeceu aos concellos que se adhiren aos convenios interadministrativos de prevención e defensa contra incendios forestais a través das brigadas municipais, tratamentos preventivos de xeito mecanizado e vehículo motobomba.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 28/02/2025