O presidente da Xunta reúnese co director da sección Española de AI, Esteban Beltrán

Rueda recibe a Amnistía Internacional e traslada os avances da Xunta nos eidos de traballo da ONG

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2025

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo unha reunión esta semana co director da sección española de Amnistía internacional, Esteban Beltrán, quen trasladou as prioridades de actuación da ONG ao titular do Goberno autonómico.

O representante de Amnistía Internacional mostrouse interesado en temas de relevancia actual como o estado de implantación dos Centros de Crise 24 Horas para Vítimas de Violencia Sexual. Pola súa  banda, Rueda informou dos avances de Galicia nestes ámbitos, lembrando por exemplo que o pasado 20 de decembro se abriron cinco Centros para a atención psicolóxica, xurídica e social ás mulleres vítimas de violencia sexual en Ferrol, Santiago, Lugo, Pontevedra e Ourense.

Tamén se abordaron outros temas, como o acceso á vivenda ou a integración de menores non acompañados. Ademais abordáronse casos específicos nos que está a traballar Amnistía Internacional nos que se ten vulnerado os dereitos humanos, a integridade física e a vida das persoas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 02/03/2025