A delegada da Xunta en Ferrol asiste á apertura do primeiro tramo das obras de humanización das Pías

Ferrol, 11 de marzo de 2025

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, acudiu esta mañá á inauguración do primeiro tramo das obras de humanización da avenida das Pías (FE-14), entre a estrada de Castela e a rotonda do Diapasón, onde celebrou a boa nova que para a cidade supón este fito.

Aneiros enmarcou o proxecto de humanización desta arteria viaria “na liña do que teñen que ser as cidades do futuro”, onde se priorice ás persoas, coa creación de espazos de esparexemento e nos que se fomente unha mobilidade “máis accesible, segura e sostible”.

Unha aposta que, como sinalou na súa intervención, van moi en consonancia coas políticas que está a implementar o Goberno galego e que exemplificou en iniciativas como o proxecto Abrir Ferrol ao Mar, cuxa primeira fase xa está operativa na fachada marítima da cidade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 11/03/2025