María José Gómez participa no Consello Consultivo de Política Agrícola para Asuntos Comunitarios
2025-03-17
/documents/35297/1641664/250317_mrural_videoconferencia_02av.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2025
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, participou esta tarde por videoconferencia na reunión do Consello Consultivo de Política Agrícola para Asuntos Comunitarios. O encontro serviu para seguir avanzando nos traballos que se están levando dentro da UE, no marco da Política Agraria Común, para reforzar a competitividade e a resiliencia da agricultura europea nun contexto marcado pola necesidade de actuar na mitigación e adaptación ao cambio climático e no da protección da biodiversidade e os ecosistemas, entre outros factores.
Departamento:
C. do Medio Rural
Data de actualización: 17/03/2025