A Xunta participa na 58 Reunión Hispano-Lusa de Sanidade Animal e Vexetal celebrada en Sevilla
2025-03-19
/documents/35297/1641670/20250319_Balseiros_reunion_Hispano_Lusa.jpeg?version=1.0&imagePreview=1
Sevilla, 19 de marzo de 2025
O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, participa hoxe na primeira das dúas xornadas que se están a celebrar en Sevilla no marco da 58 Reunión Hispano-Lusa de Sanidade Animal e Vexetal, organizada polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.
Nesta primeira xornada, os asistentes abordarán cuestións relacionadas coa influenza aviar ou a lingua azul, en materia de sanidade animal; e do nematodo do piñeiro ou a flavescencia dourada, no ámbito da sanidade vexetal; entre outras cuestións. Estas xornadas tamén serven para poñer en común as actuacións que se están a levar a cabo tanto en España como en Portugal sobre sanidade animal e vexetal.
Departamento:
C. do Medio Rural
Data de actualización: 19/03/2025