Martina Aneiros recibe na delegación da Xunta en Ferrol ao novo delegado de Defensa en Galicia
2025-03-20
/documents/35297/1641673/DelegadoDefensa.JPG?version=1.0&imagePreview=1
Ferrol, 20 de marzo de 2025
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, recibiu esta mañá no seu despacho ao novo delegado de Defensa en Galicia, o capitán de navío, Jesús Ángel Paz Pena, ao que brindou a súa estreita colaboración no desempeño das súas responsabilidades.
Paz Pena tomou posesión do seu cargo como delegado de Defensa en Galicia o pasado mes de decembro, posto no que substituíu ao coronel do Exército de Terra, Antonio Bernal Martín. O capitán de navío Jesús Ángel Paz é natural de Ferrol onde, ata o momento de asumir a delegación de Defensa en Galicia, era xefe do Órgano de Apoio á Xefatura (OAJ) do Arsenal ferrolán.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
Data de actualización: 20/03/2025