A Xunta colaborará co Concello de Cariño no arranxo do pavillón municipal

A Coruña, 21 de marzo de 2025

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, mantivo hoxe un encontro coa alcaldesa de Cariño, Ana Mª López, para avanzar nas vías de colaboración que permitan resolver os problemas existentes no pavillón da localidade, en beneficio das persoas usuarias e da veciñanza do municipio.

O conselleiro reiteroulle á rexedora o compromiso da Administración autonómica neste sentido, para ultimar as cuestións precisas de cara a solucionar canto antes esta situación. Neste encontro de traballo, no que tamén estiveron presentes os concelleiros Laura García e Alberto Balado, tratáronse ademais outras  demandas do municipio para avaliar posibles vías de colaboración desde a Xunta que contribúan á execución dos proxectos municipais, no marco do compromiso do Goberno galego coas entidades locais.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 21/03/2025