A campaña ‘GALICIA SABE AMAR’ recala en Mugardos cun reparto de petiscos entre os escolares do CEIP Santiago Apóstol

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, destacou a iniciativa coa que o Goberno galego promove o consumo de produtos do mar, impulsa a súa venda e pon en valor o labor dos profesionais da pesca e do marisqueo

Mugardos (A Coruña), 21 de marzo de 2025

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, achegouse esta mañá ata o municipio de Mugardos onde recalou unha das foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR na que, de maneira gratuíta, a Consellería do Mar ofrece a degustación de petiscos realizados a base de produtos certificados do mar e da terra.

Nesta ocasión, foron os escolares do CEIP Santiago Apóstolo os que puideron degustar estes pinchos cos que o Goberno galego pretende anima a consumir peixes e mariscos, poñendo en valor as súa propiedades nutricionais.

Martina Aneiros lembrou que o próximo 26 de marzo, unha foodtruck se desprazará ao concello de Cariño onde estará emprazada no CEIP Manuel Fraga Iribarne, de 9,30 a 11,15 horas e no IES Cabo Ortegal, de 11,30 a 13,30 horas.

GALICIA SABE AMAR é unha campaña da Xunta de Galicia que nace no verán de 2021 para animar á cidadanía a través da retranca e dos dobres sentidos a consumir produtos do mar, impulsar a súa venda e poñer en valor o labor dos profesionais da pesca e do marisqueo. Este 2025 son un total de catro as foodtruck que están percorrendo Galicia, preferentemente os concellos de máis de 1.000 habitantes.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 21/03/2025