Lorenzana reúnese coa asociación de empresarios de Ribeira para abordar a VI Feira do Automóbil Híbrido e Eléctrico
2025-03-21
/documents/35297/1641676/20250321+LorenzanaEmpresariosRibeira.jpeg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2025
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, reuniuse hoxe coa Asociación de Empresarios de Ribeira, para abordar a celebración da VI Feira do Automóbil Híbrido & Eléctrico que recolle cada ano o municipio ribeirense.
No encontro, a conselleira puxo en valor este tipo de iniciativas e insistiu na importancia da mobilidade eficiente e sustentable, que é un dos sete eixes da Axenda Enerxética de Galicia 2030 con accións encamiñadas ao fomento do uso de fontes de enerxía renovable no transporte, o fomento do vehículo eléctrico ou a promoción dunha mobilidade eficiente e sustentable.
Departamento:
C. de Economía e Industria
Data de actualización: 21/03/2025