Diego Calvo asiste á cerimonia de saída da 29ª edición do Rally da Coruña

A Coruña, 21 de marzo de 2025

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu hoxe na Praza de María Pita da Coruña á cerimonia protocolaria de saída da 29ª edición do Rally da Coruña, a segunda proba do Campionato Xunta de Galicia de Rallys Recalvi. Máis dun cento equipos inscribíronse na competición organizada por One Seven que, tras o tramo de probas de hoxe, mañá atravesará os concellos de Oza-Cesuras, Aranga, A Laracha, Culleredo e Cerceda. Destacou o protagonismo de Galicia no automobilismo galego en rallys como o da Coruña, que permiten que a comunidade galega sexa referente no motor.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 21/03/2025