Medio Rural avalía os proxectos de concentración parcelaria no concello coruñés de Teo

Santiago de Compostela (A Coruña), 25 de marzo de 2025

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, reuniuse esta mañá coa alcaldesa de Teo, Lucía Calvo de la Uz. Nesta xuntanza, abordaron os avances realizados nas concentracións parcelarias deste municipio e a posibilidade de desenvolver máis proxectos deste tipo. Así, Rodríguez lembrou a importancia destes instrumentos, que procuran acadar unha ordenación da superficie agraria que permita un uso adaptado ás necesidades agrícolas e forestais de cada zona.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 25/03/2025