A Xunta destaca en Pontevedra a contribución do Bono Talento Empresa á competitividade do tecido empresarial a través das microformacións

Pontevedra, 27 de marzo de 2025

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou a axencia de viaxes Galiwonder, con sede en Pontevedra e especializada na organización de viaxes e experiencias a medida das necesidades das persoas viaxeiras e beneficiaria dos Bono Talento Empresa na convocatoria publicada no Diario Oficial de Galicia de 25 de xuño de 2024 para as anualidades 2024 e 2025. Con estas achegas, cofinanciada pola Unión Europea a través do Programa FSE+ de Galicia 2021-2027, o Goberno galego financia formacións non regradas de curta duración, axustadas ás necesidades particulares de cada empresa e buscando reforzar as competencias e habilidades das persoas traballadoras nos ámbitos dixital, industrial, de xestión, de servizos persoais e a clientes.

No caso de Galiwonder, o Goberno galego apoiou cursos relacionados coa xestión empresarial. Ao abeiro da convocatoria do ano pasado beneficiáronse desta iniciativa na provincia de Pontevedra un total de 56 empresas de 14 concellos distintos, por un importe total de máis de 640.000 euros. Neste sentido, o secretario xeral e o delegado territorial puxeron de relevo o valor deste tipo de apoios para contribuír á competitividade do tecido empresarial galego neste contexto de rápidos cambios tecnolóxicos e organizativos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 27/03/2025