Lorenzana visita a exposición “40 anos de autonomía de Galicia nas caricaturas de Siro”, que chega á cidade natal do autor

Ferrol, 29 de marzo de 2025

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, visitou hoxe a exposición “40 anos de autonomía de Galicia nas caricatura de Siro”, que se inaugurou onte na sede de Afundación Ferrol, a cidade natal do artista, referente do humor gráfico galego. Unha visita na que Lorenzana estivo acompañada da delegada territorial, Martina Aneiros.

A mostra, organizada polo Parlamento de Galicia -onde se presentou en 2021- coa colaboración de La Voz de Galicia e Afundación-Obra Social Abanca, recolle una selección das súas ilustracións políticas desde 1981 ata 2006 e permanecerá aberta ata o vindeiro 21 de maio.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 29/03/2025