Portos de Galicia e o concello de Outes avanzan na mellora das infraestruturas portuarias do municipio
2025-03-29
/documents/35297/1649676/PortosdeGaliciaConcelloOutes+%281%29.jpeg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2025
O presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, e o alcalde de Outes, Francisco Calo, mantiveron unha reunión de traballo na que avanzaron na mellora das infraestruturas portuarias do municipio. Concretamente, analizaron actuacións de pavimentación no peirao de O Freixo, así como a situación da concesión do centro náutico Francisco Rama, máis coñecido como “Fufu”.
Con este encontro, o presidente do ente público, dependente da Consellería do Mar, dá continuidade á intensa rolda de contactos que está a manter nas últimas semanas con alcaldes e representantes de entidades marítimo-pesqueiras.
Data de actualización: 29/03/2025