A Xunta apoia as festas do barrio da Ponte e a da Xuventude en San Pedro de Mera, que se celebran esta fin de semana en Lugo
Lugo, 4 de abril de 2025
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, explicou que o Goberno galego colabora cos organizadores das festas de San Lázaro, no barrio da Ponte, e da IX Festa da Xuventude de San Pedro de Mera, que coinciden esta fin de semana no municipio de Lugo.
O delegado destacou “o esforzo que realizan as comisións organizadoras para que as festas sexan un éxito, traballando durante meses para conseguir unha programación atractiva e tramitar os permisos necesarios”.
As festas de San Lázaro comezan esta tarde cunha churrascada popular e as actuacións da orquestra “Unión y fuerza” e o DJ Adrián Corral; continuarán ata o domingo e retomarán a programación a próxima fin de semana, os días 12 e 13, con actividades lúdicas, deportivas e infantís.
A Festa da Xuventude celebrarase mañá nunha carpa cuberta; haberá unha cea e contará coas actuacións da orquestra Cinema e o DJ Adolfo Valiño.