Medio Rural avalía co Clúster da Madeira a situación e perspectivas de futuro do sector forestal galego
2025-04-07
/documents/35297/1665306/250407_mrural_madeira_03av.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 7 de abril de 2025
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, mantivo este mediodía unha reunión con integrantes do Clúster da Madeira de Galicia.
O encontro enmárcase nas xuntanzas que manteñen periodicamente os responsables de Medio Rural con representantes do sector forestal galego e serviu para analizar a realidade e perspectivas de futuro deste eido, no que a nosa comunidade salienta como potencia nacional en produción e xeración de recursos.
Departamento:
C. do Medio Rural
Data de actualización: 07/04/2025