A conselleira María M. Allegue mantén unha reunión coa alcaldesa de San Cibrao das Viñas
2025-04-08
/documents/35297/1665309/_RTB8235.JPG?version=1.0&imagePreview=1
Ourense, 8 de abril de 2025
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo esta mañá unha reunión coa alcaldesa de San Cibrao das Viñas, Marta Nóvoa, que tivo lugar na sede da Delegación Territorial da Xunta en Ourense.
Nesta xuntanza, na que tamén participou o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, a conselleira e a rexedora trataron actuacións de interese para este concello ourensán, de xeito especial en materia de infraestruturas e urbanismo.
Ademais María M. Allegue e a alcaldesa tamén abordaron os detalles para avanzar na cesión de solo para a construción de vivenda.
Data de actualización: 08/04/2025