Diego Calvo pon en valor o potencial da industria galega de transformación de productos do mar na súa visita a Actemsa
A Pobra do Caramiñal (A Coruña), 10 de abril de 2025
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou esta mañá as instalacións no polígono da Tomada da Pobra do Caramiñal da empresa Actemsa, dedicada principalmente á importación e exportación de peixe conxelado e ao procesado de túnidos e servizos de conxelación. Trátase dunha empresa familiar fundada en 1994 e con 250 empregados e outros 400 empregos indirectos.
Diego Calvo percorreu a factoría co equipo directivo de Actemsa e o seu fundador e presidente honorífico, Severino Escurís, e puido comprobar os procesos e os plans futuros da compañía. Durante a visita, o conselleiro agradeceu a invitación e puxo en valor o potencial da industria galega de transformación de produtos do mar, da que forma parte esta empresa. Tamén trasladou o apoio do Goberno galego a este sector clave na economía de Galicia.