Calvo participa na gala de entrega dos Premios Invictus

Arteixo (A Coruña), 10 de abril de 2025

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado do secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou na gala dos Premios Invictus ao mérito deportivo, promovidos por La Voz de Galicia. Os galardóns recoñecen a 14 figuras ou iniciativas que destacaron durante o 2024 como referentes do deporte galego.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 10/04/2025