A Xunta avanza na súa colaboración cos enxeñeiros técnicos forestais a prol do monte galego

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2025

O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, mantivo esta mañá unha xuntanza con responsables do Colexio de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia. O encontro serviu para avaliar a situación actual e as perspectivas de futuro da xestión forestal, así como para avanzar en posibles vías de colaboración entre ambas partes a prol do monte galego.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 11/04/2025