A conselleira María M. Allegue mantén unha reunión coa alcaldesa de Bergondo
2025-04-15
/documents/35297/1673477/250415_Bergondo_x-3.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 15 de abril de 2025
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo hoxe unha reunión de traballo coa alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez.
Neste encontro, que se desenvolveu en San Caetano, a conselleira e a alcaldesa abordaron posibles actuacións en materia de infraestruturas neste municipio coruñés.
M. Allegue subliñou a importancia da colaboración entre administracións para impulsar os proxectos que contribúan a mellorar a calidade de vida dos veciños e a reforzar a competitividade do municipio.
Data de actualización: 15/04/2025