Medio Rural avanza na mellora das infraestruturas viarias municipais da provincia de Ourense
2025-04-23
/documents/35297/1681090/20250423ConseAlcaldesOurense.jpeg?version=1.0&imagePreview=1
Ourense, 23 de abril de 2025
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, mantivo esta semana unha xuntanza cos rexedores dos municipios de Laza, José Ramón Barreal; Cualedro, Luciano Rivero; e Trasmiras, Emilio José Pazos.
Na xuntanza, a conselleira amosou a súa disposición para establecer diferentes vías de colaboración con estas localidades para afondar na dinamización das súas contornas rurais e abordáronse, entre outras, cuestións relacionadas coas infraestruturas viarias municipais.
Departamento:
C. do Medio Rural
Data de actualización: 23/04/2025