Javier Arias fai entrega dunha vivenda de promoción pública en Vilalba
2025-04-29
/documents/35297/1688269/290425+Vivenda+Vilalba.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Vilalba (Lugo), 29 de abril de 2025
A Xunta entregou hoxe unha vivenda de promoción pública na rúa da Roxeira de Vilalba. O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou na entrega das chaves á nova ocupante.
Trátase dun apartamento duns 75 metros cadrados que conta con dous dormitorios, praza de garaxe e rocho. Foi adxudicado en réxime de alugueiro seguindo o procedemento habitual, entre as persoas inscritas no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda de Galicia.
Arias destacou que en canto unha vivenda queda vacante, axilízanse os trámites para poñela a punto e entregarlla canto antes ao seguinte solicitante que figura nas listas do correspondente concello.
Departamento:
C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Data de actualización: 29/04/2025