Ángeles Vázquez e o alcalde de Ortigueira avalían o proxecto para instalar un centro de interpretación e observación de paxaros na localidade

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2025

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, avaliaron hoxe o estado do proxecto municipal para instalar na localidade un centro de interpretación e observación de paxaros nos humidais, co obxectivo de convertelo no primeiro Bird Center de Galicia.

Nese senso, analizaron posibles vías de colaboración para dotar ao futuro espazo de medios didácticos e audiovisuais cos que reforzar a súa aposta pola preservación da biodiversidade da contorna, así como pola divulgación da súa riqueza ambiental e paisaxística e pola concienciación da cidadanía sobre a importancia de garantir a conservación deses hábitats.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 06/05/2025