Román Rodríguez destaca a traxectoria do Centro Superior de Hostalaría de Galicia no seu 30º aniversario
2025-05-07
/documents/35297/1696626/20250507VisitaCSHG1.jpeg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 7 de maio de 2025
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, acompañado polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, visitou hoxe o Centro Superior de Hostalaría de Galicia con motivo do seu 30 aniversario. Alí definiuno como “un referente formativo, capaz de evolucionar e afrontar con éxito os retos que supón cada nova xeración de alumnado”.
O conselleiro visitou as instalacións deste centro, dependente da Axencia de Turismo de Galicia, e puido conversar co alumnado sobre as melloras introducidas durante os últimos anos nos estudos, que combinan a formación teórica con prácticas en espazos especializados, como as cociñas, a zona de restauración ou as salas de cata.
Data de actualización: 07/05/2025