Belén do Campo visita a mesa informativa instalada no edificio da Xunta con motivo da celebración do Día Mundial do Lupus

A Coruña, 9 de maio de 2025

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, colaborou coa mesa informativa de AGAL (Asociación Galega de Lupus) con motivo do Día Mundial do Lupus instalada no edificio administrativo da Xunta.

Belén do Campo destacou a importancia apoiar con esta recollida de fondos o importante traballo que esta entidade leva a cabo en Galicia para respaldar aos pacientes que padecen esta enfermidade. A representante do Goberno autonómico destacou que o Lupus é unha enfermidade máis prevalente nas mulleres. Durante o período que vai desde o 2016 ata o 2024, 495 pacientes con esta enfermidade requiriron ingreso nos centros hospitalarios do Servizo Galego de Saúde, dos cales 382 eran mulleres.

Ademais, destacou o traballo que realizan as asociacións de pacientes no labor de concienciación social e de acompañamento dos afectados e dos seus familiares. Nesta liña, agradeceu especialmente o traballo da Asociación Galega de Lupus.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 09/05/2025