O delegado territorial da Xunta visita a exposición ‘VII Car Outlet Ourense’

Ourense, 09 de maio de 2025

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, desprazouse esta mañá ao recinto feiral de Expourense, onde se está a desenvolver a ‘VII edición do Car Outlet Ourense’, dende hoxe ata o vindeiro 11 de maio.

Este evento ofrece as mellores oportunidades do mercado de vehículos de ocasión e segunda man con todas as garantías que brindan os concesionarios oficiais. Trátase dunha cita coorganizada entre Expourense e a Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense, ACAUTO, que reunirá a  un total de 24 marcas representadas a través de 16 concesionarios asociados.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 09/05/2025