A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas mantén un encontro de traballo co alcalde de Foz
2025-05-21
/documents/35297/1714010/250521+_viuvenda+_foz_05av.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 21 de maio de 2025
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo hoxe un encontro de traballo co alcalde de Foz, Francisco Cajoto.
Nesta reunión, que tivo lugar esta tarde en San Caetano, a conselleira e o rexedor abordaron actuacións en materia de infraestruturas, vivenda e urbanismo, de interese para este municipio lucense.
O Goberno galego continúa prestando apoio aos concellos para impulsar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida dos cidadáns e a reforzar a competitividade económica.
Data de actualización: 21/05/2025