Medio rural e a Universidade da Coruña colaboran para impulsar a formación no agro galego
2025-05-26
/documents/35297/1724987/250526_universidade_x-1.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 26 de maio de 2025
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reuniuse esta mañá co reitor da Universidade da Coruña, Ricardo Cao. Na xuntanza, na que tamén participou o vicerreitor de Titulacións e Internacionalización, Moisés Canle, abordáronse diferentes liñas de posible colaboración entre ambas partes en materia formativa no agro galego, e máis concretamente en relación co Programa de Democratización do Coñecemento.
Departamento:
C. do Medio Rural
Data de actualización: 26/05/2025