Activo un incendio no concello ourensán de Calvos de Randín, parroquia de Randín, que afecta o parque do Xurés
O lume iniciouse arredor das 18.20 horas desta tarde
Santiago de Compostela, 29 de maio de 2025
A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal activo arestora no concello ourensán de Calvos de Randín, parroquia de Randín, que afecta o Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés.
O lume iniciouse arredor das 18.20 horas desta tarde. Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora 1 axente e 1 brigada.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X (antigo twitter): @incendios085.