A Xunta gaba o labor de Alucem no Día Mundial da Esclerose Múltiple
2025-05-30
/documents/35297/1724999/Alucem+1.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Lugo, 30 de maio de 2025
O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, e o delegado territorial en Lugo, Javier Arias, visitaron esta mañá a mesa informativa que a Asociación Lucense de Esclerose Múltiple (Alucem) instalou esta mañá na explanada da Delegación Territorial con motivo do día mundial adicado a esta enfermidade.
Os representantes autonómicos puxeron en valor o labor que esta entidade de ámbito provincial desenvolve “para apoiar e dar visibilidade á realidade que viven as persoas afectadas por esclerose múltiple e outras doenzas afíns” e destacaron o compromiso da Xunta co tecido social da provincia, “apoiando iniciativas que contribúen a mellorar a calidade de vida das persoas máis vulnerables”.
Departamento:
C. de Sanidade
Data de actualización: 30/05/2025