O delegado territorial da Xunta en Ourense asiste á 14ª edición da Primavera de Portas Abertas nas Rutas dos Viños de Galicia en Ribadavia

Ourense, 31 de maio de 2025. - O delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pardo, asistiu á  Primavera de Portas Abertas nas Rutas dos Viños de Galicia, que dende onte ata o vindeiro 1 de xuño, se está a desenvolver na Ruta do Viño O Ribeiro en Ribadavia.

As persoas que se acheguen a este evento poderán coñecer as  adegas participantes, a través das visitas guiadas e gratuítas ás instalacións. Ademais, hai distintas propostas de actividades, como catas e degustacións, visitas a museos e centros de interpretación relacionados coa viticultura, rutas históricas ou pola natureza, paseos en barco, obradoiros, concertos etc.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 31/05/2025