Belén do Campo participa na reunión de coordinación para o organización do simulacro de incendio forestal que terá lugar o xoves en Rianxo
2025-06-03
/documents/35297/1733979/20250306_belen_simulacro_+%289%29.jpg?version=1.0&imagePreview=1
A Coruña, 3 de xuño de 2025
A delegada da Xunta, Belén do Campo, participou nunha reunión de coordinación para preparar o simulacro de situación operativa 2 por incendio forestal en Rianxo, que terá lugar o próximo xoves, na que estiveron presentes o xefe de servizo de Emerxencias da provincia da Coruña, Víctor Vázquez e o xefe de servizo de Prevención de Incendios Forestais da provincia da Coruña, Guillermo Acebal.
No encontro analizaronse os detalles do simulacro de incendio que se iniciará ás 8:45 horas na zona de Burés (parroquia de Asados) no concello de Rianxo, e se estenderá por diversos núcleos de poboación do termo municipal deste municipio.
Departamento:
C. do Medio Rural
Data de actualización: 03/06/2025