A Xunta destaca o compromiso dos máis novos coas institucións e as políticas públicas como un garante de futuro

O director xeral e Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, agradeceu a Aldeas Infantiles e aos centros educativos participantes por trasladar aos nenos e adolescentes os valores do diálogo, o debate e o consenso

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2025

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, acompañado da directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, e do Presidente do Parlamento galego, Miguel Santalices, participou na xornada Deputados por un día que organiza Aldeas Infantiles Sos. Durante a súa intervención, destacou o compromiso que cada ano amosan os máis novos cara ás institucións e as políticas públicas e que supón un garante de futuro.

Jacobo Rey agradeceu o traballo realizado polos nenos e adolescentes que protagonizaron un día de traballo no Parlamento de Galicia no que tiveron ocasión de sentar no hemiciclo e mesmo votar e debater as propostas presentadas por cada un dos centros participantes:  o colexio Emma de Santiago, o CEIP de Xermade, o CEIP Antía Cal Vázquez de Muras, o CEIP Saco e Arce de Toén e o CEIP Espedregada de Poio.

Neste senso, o director xeral agradeceu tanto a Aldeas Infantiles como aos centros educativos a súa vontade de querer trasladar aos máis novos valores tan importantes como o diálogo, o debate e o consenso que son fundamentais para o bo funcionamento dun territorio. Ao respecto, animou aos nenos e adolescentes a seguir propoñendo iniciativas que representen o sentir dos máis novos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 03/06/2025