Lorenzana mantén un encontro con Aclunaga no marco da feira Nor-Shipping de Noruega
2025-06-06
/documents/35297/1733988/20250606+LorenzanaOsloAclunaga_3.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Oslo (Noruega), 6 de xuño de 2025
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe un encontro con representantes do clúster do naval, Aclunaga, que estes días participa cun expositor propio na feira Nor-Shipping de Oslo, unha das máis relevantes a nivel internacional do sector naval e o transporte marítimo.
Aclunaga acode a esta feira co apoio do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), no marco dos programas de internacionalización Foexga e Galicia Exporta Organismo Intermedios, xunto con máis de 30 empresas galegas do sector ás que representa.
Departamento:
C. de Economía e Industria
Data de actualización: 06/06/2025