A Xunta destaca o valor patrimonial e a dimensión global do Festival Internacional da Rosa de Mos como símbolo de unión entre Galicia e o resto do mundo

Mos (Pontevedra), 14 de xuño de 2025

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou esta tarde no Festival Internacional da Rosa, que se celebrou no Pazo de Mos e que contou coa participación da Asociación de Residentes de Mos en Bos Aires, en representación da colectividade galega da Arxentina.

No acto, que encheu o concello de Mos de música, baile e tradición, tamén participaron o grupo Nosa Terra de Pereiras e a rondalla Virgen de las Lágrimas de Cabezo de Torres (Murcia), nun encontro que simboliza a unión entre Galicia e o resto do mundo. Rodríguez Miranda puxo en valor o papel fundamental das comunidades galegas no exterior, que manteñen vivas as nosas tradicións e fortalecen os lazos con Galicia desde o exterior e reafirmou o compromiso da Xunta de Galicia con elas, así como co retorno das galegas e galegos do exterior.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 14/06/2025