O Servizo Galego de Saúde publica a lista de persoas seleccionadas no concurso-oposición para 271 prazas de médico de familia de atención primaria

O Diario Oficial de Galicia publica a baremación definitiva do proceso selectivo

O 80 % de profesionais seleccionados son mulleres e a media de idade é de 41 anos

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2025

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde relativa á baremación definitiva e aos aspirantes seleccionados no procesos selectivos, polo sistema de concurso-oposición, para o ingreso na categoría de médico de familia de atención primaria.

Ofértanse un total de 271 prazas, das cales 126 corresponden á quenda de acceso libre, 132 á de promoción interna e 13 á quenda de discapacidade xeral. As prazas non cubertas a través das quendas de promoción interna e de discapacidade xeral, acumularanse á quenda libre.

A media de idade das persoas seleccionadas neste proceso selectivo é de 41 anos e o 80 % son mulleres.

Coa publicación desta resolución ábrese un prazo de 10 días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución, para que os aspirantes seleccionados no proceso presenten a documentación oportuna. É dicir, do 20 de xuño ao 3 de xullo.

As persoas seleccionadas poden dirixir todas as dúbidas e consultas relacionadas con este proceso selectivo ao enderezo de correo electrónico: oposicions@sergas.es. Estas consultas non terán a consideración de reclamacións nin recursos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 19/06/2025