Lorenzana saúda en Ribeira aos participantes na XXIV edición da Regata Frinsa-Trofeo Presidente Ramiro Carregal Rey

Ribeira, 21 de xuño de 2025

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, saudou hoxe aos participantes na XXIV edición da Regata Frinsa-Trofeo Presidente Ramiro Carregal Rey, organizada polo Club Náutico de Ribeira e fundada polo empresario arousán Ramiro Carregal, propietario da conserveira que lle dá nome a esta proba.

Unha das súas particularidades é que os acompañantes dos deportistas e convidados poden seguila de preto a bordo dos catamaráns que saen das inmediacións do Náutico.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 21/06/2025