ADOS realiza un chamamento para aumentar as reservas de sangue dos grupos A positivo, A negativo, 0 positivo e B positivo

Os grupos sanguíneos amosan niveis baixos, polo que é preciso reforzar o chamamento e solicitar a colaboración na doazón de sangue

Santiago de Compostela, 23 de xuño 2025

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) realiza un chamamento xeneralizado á participación da poboación galega na doazón de sangue, especialmente dos grupos A positivo, A negativo, O positivo e B positivo. As reservas destes grupos presentan niveis baixos, polo que é preciso reforzar o chamamento á participación nas campañas de doazón que realiza a Consellería de Sanidade por mediación de ADOS.

Lembrar que os hospitais de Galicia necesitan máis de 400 doazóns diarias para desenvolver de maneira eficaz o seu labor asistencial posto que moitas das tarefas que se realizan a diario son imprescindibles os compoñentes sanguíneos.

En determinadas épocas do ano, como no período estival, pode baixar o número de doazóns pero non acontece o mesmo coa demanda de sangue e os seus derivados que precisan os centros sanitarios. Neste sentido, é imprescindible a xenerosidade e altruísmo de toda a cidadanía, polo que ADOS solicita un esforzo especial para incrementar as reservas de sangue.

As distintas unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue estarán dispoñibles para visitar nestes días os diferentes concellos galegos para conseguir as doazóns precisas que garantan os adecuados niveis dos grupos sanguíneos sinalados.

ADOS espera contar de novo coa solidariedade da cidadanía galega nas unidades móbiles desprazadas nos próximas días ás seguintes zonas:

DATA / XUÑO

CONCELLOS

Luns 23

Valdoviño, Ordes, Arteixo, Milladoiro (Ames) O Pino, Cambados, Salceda Caselas, Ribadeo, rúa do Paseo (Ourense)

Martes 24

Ortigueira, O Temple (Cambre), Coristanco, Melide, Brión, Valga (Pontevalga, Cordeiro), Gondomar, Allariz

Mércores 25

Narón, Os Rosales (A Coruña), Riazor (A Coruña), Padrón, praza Roxa (Santiago de Compostela), Zona da Ferrería (Pontevedra), praza Maior (Lugo)

Xoves 26

Narón, Monte Alto (A Coruña), Cantón-Obelisco (A Coruña), Padrón, Bembibre (Val do Dubra), A Estrada, Ponteareas, Barrio de Teis (Vigo), Sarria, O Barco de Valdeorras

Venres 27

Narón, Cee, Malpica de Bergantiños, Rianxo, Pontecesures, A Estrada, Ponteareas, Cabral (Vigo), Vilalba, Ribadavia.

Sábado 28

A Estrada, A Illa de Arousa, Cangas de Morrazo, Vilalba

Ademais tamén se pode doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas:

LOCAIS DE DOAZÓN

HORARIO

HOSPITAL CLÍNICO (SANTIAGO DE COMPOSTELA)

Luns a venres de 8:00 a 22:00 horas

Sábados de 8:00 a 15:00 horas

HOSPITAL UNIVERSITARIO DA CORUÑA

Luns a venres de 8:00 a 22:00 horas

Sábados de 8:00 a 15:00 horas

HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE (FERROL)

Luns de 15:00 a 22:00 horas

Martes, mércores e xoves de 8:00 a 15:00 horas

Venres de 8:00 a 22:00 horas

HOSPITAL LUCUS AUGUSTI (LUGO)

Luns e venres de 15:00 a 22:00 horas

Martes, mércores e xoves de 8:00 a 15:00 horas

LOCAL DE DOAZÓN DE ADOS (OURENSE)
praza Paz Novoa, 3 – escaleira 1, andar baixo, porta B

Luns a venres de 8:00 a 15:00 horas

HOSPITAL PROVINCIAL (PONTEVEDRA)

Luns a venres de 8:00 a 15:00 horas

HOSPITAL NICOLÁS PEÑA (VIGO)

Luns a venres de 8:00 a 22:00 horas

Sábados de 8:00 a 15:00 horas

ADOS lembra que doar sangue é un xesto sinxelo, xeneroso e solidario, e convida a toda a cidadanía, maior de idade e en bo estado de saúde, a participar nesta campaña. Doar antes de veranear é garantir que a sangue estará dispoñible cando máis se precisa. 

Para máis información pódese consultar a páxina web de ADOS: www.ados.sergas.gal, tamén as redes sociais e un teléfono gratuíto de información, 900 100 828 para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles.

Data de actualización: 23/06/2025