A conselleira Allegue mantén unha reunión de traballo co alcalde de Culleredo
Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2025
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo hoxe en San Caetano unha reunión de traballo co alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, na que abordaron actuacións de interese para este municipio.
Nesta reunión, a conselleira amosou o compromiso do departamento que dirixe co Concello de Culleredo na busca de alternativas para mellora do cruce peonil seguro da estrada autonómica AC-523 na contorna de Ledoño. A conselleira trasladou que o equipo técnico da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) xa comezou a traballar la definición dunha proposta co fin de atender as demandas veciñais. Coa vista posta en seguir avanzando nunha solución de consenso, os técnicos da Xunta e do Concello manterán unha nova reunión de traballo.
M. Allegue subliñou o compromiso do Goberno galego para colaborar cos concellos e impulsar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida dos cidadáns e a reforzar a competitividade económica, fixando tamén poboación no rural.