Un total de 27 Anpas reciben axudas da xunta para apoiar o seu funcionamento e actividades

O Diario Oficial de Galicia publica a resolución da convocatoria, que conta cun orzamento de máis 66.000 €

Van destinadas a sufragar tanto actividades como gastos de xestión, administración, adquisición de material non inventariable e mantemento das súas instalacións

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2025

A Xunta de Galicia vén de facer pública, a través do Diario Oficial de Galicia, a resolución da concesión de axudas destinadas a apoiar o labor das confederacións, federacións e asociacións de nais e pais do alumnado, neste último caso de Educación Especial. Un total de 27 entidades resultaron beneficiarias nesta edición.

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional destinou máis de 66.000 euros a esta liña de apoio, co obxectivo de contribuír ao correcto funcionamento destas organizacións, fundamentais na dinamización da vida escolar e na implicación das familias no ámbito educativo. As axudas están dirixidas a sufragar actividades, así como a cubrir gastos derivados da xestión, administración, adquisición de material non inventariable e o mantemento ordinario das instalacións. Esta subvención é compatible con outras axudas concedidas por administracións ou entidades públicas e privadas, tanto nacionais como internacionais.

As entidades beneficiarias son as reflectidas na seguinte táboa:

PROVINCIA

CONCELLO

ENTIDADE

Coruña, A

Carballo

Federación Centros Públicos "A Costa Da Morte"

Coruña, A

Coruña, A

Confapa (Confed. Galega Anpas Centros Públi.)

Coruña, A

Coruña, A

Federación Provincial Anpas Centros Públicos-Fapa Coruña

Coruña, A

Coruña, A

Anpa Cee Elviña Aspanaes

A Coruña

Ferrol

Federación De Anpas De Ferrol Y Comarca “Concepción Arenal”

Coruña, A

Ferrol

Anpa Cee “Terra De Ferrol”

Coruña, A

Ribeira

Anpa Cee "Amicos"

Coruña, A

Santiago de Compostela

Confederación Anpas Galegas

Coruña, A

Santiago de Compostela

Federación Centros Públicos "Compostela"

Coruña, A

Santiago de Compostela

Anpa Colegio “Duques De Lugo”

Lugo

Lugo

Fapacel Federación Provincial Anpas Centros Públicos

Lugo

Lugo

Fapa Lugo

Lugo

Lugo

Anpa Cee “Santa María”

Lugo

Monforte de Lemos

Anpa Cee "Infanta Elena"

Ourense

Ourense

Federación Provincial Anpas Centros Públicos "As Burgas"

Ourense

Ourense

Anpa Cee “O Pino”

Pontevedra

Guarda, A

Anpa Cee "Joaquina Sobrino"

Pontevedra

Nigrán

Anpa “La Ilusión Del Val Miñor”

Pontevedra

Ponteareas

Fanpo Federación De Anpas O Condado, A Paradanta E Louriña

Pontevedra

Pontevedra

Federación Provincial Anpas Centros Públicos-Fanpa

Pontevedra

Pontevedra

Anpa Cee "Juan Xiii"

Pontevedra

Vigo

Foanpas Federación Anpas “Olívica”

Pontevedra

Vigo

Anpa Cee “Saladino Cortizo”

Pontevedra

Vigo

Anpa Cee “A Menela”

Pontevedra

Vilagarcía de Arousa

Feapa Pontevedra

Pontevedra

Vilagarcía de Arousa

Anpa Cee Vilagarcía De Arousa

Pontevedra

Vilagarcía de Arousa

Anpa Cee “Os Mecos”

 

Data de actualización: 29/06/2025