Activo un incendio no concello ourensán da Mezquita, parroquia de Chaguazoso

O lume iniciouse ás 19,46 horas desta tarde e segundo as últimas estimacións supera as 20 hectáreas

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2025

A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal activo arestora no concello ourensán da Mezquita, parroquia de Chaguazoso.

O lume iniciouse ás 19.46 horas desta tarde e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de máis de 20 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora 3 técnicos, 3 axentes, 7 brigadas, 1 motobomba, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X (antigo twitter): @incendios085.

Data de actualización: 01/07/2025