Estabilizado o incendio do concello ourensán de Carballeda de Valdeorras, parroquia de Casaio
Segundo as últimas estimacións, o lume afecta unha superficie de arredor de 40 hectáreas
Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2025
A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Carballeda de Valdeorras, parroquia de Casaio, permanece estabilizado desde as 23.20 horas de onte venres.
O lume iniciábase ás 06.16 horas do propio venres e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de arredor de 40 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora 2 técnicos, 6 axentes, 15 brigadas, 8 motobombas, 1 pa, 2 unidades técnicas de apoio, 8 helicópteros e 1 avión.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X (antigo twitter): @incendios085.