Controlado o incendio do concello ourensán de Carballeda de Valdeorras, parroquia de Casaio
O lume afecta arredor de 40 hectáreas de superficie, segundo as últimas estimacións
Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2025
A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Carballeda de Valdeorras, parroquia de Casaio, quedou controlado ás 18.20 horas de hoxe.
O lume iniciábase ás 06.16 horas de onte venres e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de arredor de 40 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora 2 técnicos, 9 axentes, 19 brigadas, 9 motobombas, 1 pa, 2 unidades técnicas de apoio, 8 helicópteros e 1 avión.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X (antigo twitter): @incendios085.