Medio Rural afonda no emprego de fitosanitarios no cultivo de millo cunha xornada formativa en Arzúa

Arzúa (A Coruña), 17 de xullo de 2025

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria da Consellería do Medio Rural, Martin Alemparte, asistiu hoxe á presentación dunha xornada centrada na demostración de maquinaria específica para reducir ou evitar o emprego de fitosanitarios no cultivo do millo, aínda que pode ser extrapolable a outro tipo de cultivos, celebrada en Arzúa.

Esta actividade serviu para afondar no emprego desta maquinaria no control das herbas non desexables, así como na importancia de realizar os traballos no momento en que a herba se está implantando. Ao longo da xornada abordáronse ensaios realizados, a presentación dos equipos empregados e tres demostracións en campo coa aixada rotativa arrastrada, a binadora e a gradilla de púas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 17/07/2025