Rueda participa na Xornada de portas abertas do Aeródromo Militar de Santiago para celebrar o 90 aniversario destas instalacións
Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2025
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, asistiu esta mañá á Xornada de portas abertas do Aeródromo Militar de Santiago, coa que se celebran os 90 anos de actividade destas instalacións.
Este aeródromo é unha base clave para unidades aéreas do Exército do Aire, a Armada, o Exército de terra ou da OTAN. Entre os vehículos que teñen base en Compostela están varios avións anfibios que colaboran cada ano na extinción dos incendios forestais na comunidade.
Nun contexto internacional no que se está apostando por reforzar a seguridade e a capacidade de resposta ante posibles agresións, a Xunta ven de poñer en marcha a primeira Estratexia galega de Aeroespazo, Seguridade e Defensa, que mobilizará 900 millóns de euros.