Lorenzana avalía co alcalde da Lama as necesidades enerxéticas do concello
2025-07-21
/documents/35297/1791288/250721_Lama_x-3.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2025
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe un encontro co alcalde da Lama, David Carrera Cal, con quen avaliou as necesidades do concello en materia de infraestruturas enerxéticas e de transporte eléctrico.
A través da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas, de quen depende o Instituto Enerxético de Galicia (Inega), a Xunta vén reforzando as redes de infraestrutura para a subministración eléctrica dos concellos galegos.
Departamento:
C. de Economía e Industria
Data de actualización: 21/07/2025