Xosé Merelles analiza coa Federación Galega de Asociacións Amigos do Camiño futuros proxectos para o Xacobeo 2027

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2025

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, mantivo un encontro co presidente da  Federación Galega de Asociacións de Amigos do Camiño (FEGAC), Javier Gómez Vila, que acudiu acompañado do vicepresidente da entidade, Xacobe Pérez. Durante o encontro Xosé Merelles analizou cos directivos distintas proposta de traballo e de promoción da entidade este ano e tamén con vistas ao Xacobeo 2027.

A Federación inclúe as diferentes asociacións de amigos do Camiño de Galicia que traballan na promoción de actividades conxuntas para a mellora da experiencia peregrina. Ademais, desenvolven accións que difunden a riqueza histórica, cultural e espiritual da ruta xacobea e traballan tamén velando pola conservación do patrimonio material e inmaterial relacionado co Camiño.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 22/07/2025